Saturday 11 de May de 2024

O Concello presenta a programación das escolas deportivas para este curso


• As actividades arrincarán o 2 de outubro e as inscrición deberán formalizarse na Casa do Concello do 20 ao 28 de setembro, de 10:00 a 13:00 horas.

• Tamén haberá deportes para público adulto como pilates, ximnasia terapéutica, zumba ou adestramento HIIT.

O Concello de Laxe volve organizar unha completa programación das súas escolas deportivas para este curso 2023-2024 con actividades variadas e para todos os públicos.

As clases arrincarán o 2 de outubro e as inscricións deberán formalizarse na Casa do Concello do 20 ao 28 de setembro, de 10:00 a 13:00 horas.

A continuación presentamos o calendario das escolas para nenos e nenas:

RITMO E MOVEMENTO (Para nados no 2019 e 2020)
Luns e mércores de 16:35 a 17:25 horas.

PREDEPORTE (Para nados no 2018, 2017, 2016 e 2015)
Luns e mércores de 17:30 a 18:20 horas.

BALONCESTO (Para nados no 2017 e anteriores)
Luns e mércores de 18:20 a 19:10 horas.

BÁDMINTON (Para adultos e nenos a partir dos 7 anos)
Luns e mércores de 19:10 a 20:10 horas.

FÚTBOL SALA (Para nados no 2017, 2016 – prebenxamín)
Martes e xoves de 16:35 a 17:25 horas.

PATINAXE I (Para nados 2019, 2018 e 2017)
Martes e venres de 16:35 a 17:25 horas.

PATINAXE II (Para nados 2017, 2016, 2015, 2014 e 2013)
Martes e venres de 17:30 a 18:20 horas.

PATINAXE III (Para nados no 2012 ou anteriores)
Martes e venres de 18:20 a 19:10 horas.

TAEKWONDO I* (Para nados no 2018, 2017, 2016, 2015)
Venres de 18:15 a 19:15 horas.

TAEKWONDO II* (Para nados no 2014 e anteriores)
Venres de 19:15 a 20:15 horas.
*Será obrigatorio o pago da licenza federativa e terán prioridade os inscritos no curso 2021-2022.

Tamén se poñerán en marcha actividades dirixidas ao público adulto, é dicir, aquelas persoas de 13 ou máis anos.

PILATES I, II e III
Pilates I: martes e xoves de 10:30 a 11:15 horas.
Pilates II: martes e xoves de 18:30 a 19:15 horas.
Pilates III: martes e xoves de 20:15 a 21:00 horas.

ADESTRAMENTO HIIT
Luns e mércores de 20:15 a 21:30 horas.

XIMNASIA TERAPEÚTICA
Martes e venres de 19:10 a 20:10 horas.

ZUMBA
Luns e mércores de 20:15 a 21:15 horas.

XIMNASIO (Para nados antes do 2008 inclusive)
Luns e mércores de 10:00 a 12:30 horas e de 16:30 a 21:30 horas.
Martes e xoves de 10:00 a 12:30 horas e de 16:00 a 22:00 horas.
Venres de 16:30 a 20:30 horas.